Mellora da seguridade viaria no cruce do Vilar (Carreira).

O BNG de Ribeira, por medio do concelleiro Xosé Luís Groveiro, ven de demandar unha actuación integral que mellore a seguridade viaria no “Cruce do Vilar”, na parroquia de Carreira.

Por este cruce circulan a diario un elevado número de vehículos (camións cara a Couso, tráfico a Aguiño, a Carreira, ó Vilar…). O tráfico neste lugar sofre un forte incremento na tempada estival co movemento da poboación cara os lugares e praias da zona.

O elevado número de accidentes rexistrados neste punto nos últimos anos obriga a tomar medidas na procura da súa diminución e para evitar máis contratempos.

Este cruce está dotado actualmente dunha deficiente sinalización horizontal e vertical que leva á confusión, nomeadamente en horas nocturnas, a moitos dos usuarios da vía.

Hai tamén instaladas unhas ineficaces “bandas sonoras” que, ademais de causar molestias para todos os conductores e conductoras, non solucionan o problema de seguridade no antedito cruce.

O veciños e veciñas das parroquias afectadas levan anos demandando un sistema de regulación do tráfico que lles cause menos prexuízos e incremente a seguridade na zona, tanto a vehículos como a persoas.

Razóns todas elas máis que suficientes para que o Goberno Municipal leve a cabo as actuacións necesarias co obxecto de que se mellore a seguridade viaria no “Cruce do Vilar”.

Moción:
2007-09-15regulacion_trafico_cruce_o_vilar.doc

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.