Marquesiñas para distintos puntos do Concello

O BNG de Ribeira ven de solicitar a colocación de marquesiñas en distintos puntos do Concello.

Por un lado, atendendo aos veciños e veciñas do lugar de Goda con fillos e fillas escolarizados no CEIP de Artes que teñen reclamado reiteradamente desde hai meses a instalación nas proximidades das súas vivendas dunha marquesiña que dera acubillo aos nenos e nenas que agardan polo autobús nesta parada contemplada dentro da liña de transporte escolar deste mencionado centro. O feito de que sexan nenos e nenas de entre tres e oito anos os que deben resgardarse nesta instalación, por outra banda non especialmente custosa, así como o feito de ter sido reclamado con abonda antelación por parte dos pais e nais, confírelle a esta necesidade o carácter de urxente.

Polo outro, recollendo a demanda feita pola veciñanza de Carreira que solicita a colocación dunha marquesiña no lugar da Capela, en fronte da escola infantil alí existente. Son máis de 20 nenas e nenos de 3 anos de idade os que a diario agardan alí o autobús escolar, sen ter un sitio onde resgardarse das inclemencias do tempo.

Solicitude marquesiña en Goda, Artes:
2007-11-02-marquesina_goda_artes.doc

Solicitude de marquesiña na Capela, Carreira:
2007-09-20marquesinanacapela_carreira.pdf

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.