O Bloque Nacionalista Galego – Asembleas Abertas vén de ser informado da denuncia que presentamos contra o alcalde e a concelleira de Educación, Manuel Ruiz e Mª Carmen Vizcaya ante a XEZ.
A Xunta Electoral de Zona (XEZ) confirma que infrinxiron a lei, en concreto o artigo 50.2 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral “toda vez que o desenvolvemento da Feira de Ensino no Novo Mercado Municipal supuxo unha difusión dos logros acadados pola corporación municipal“. Ademais esta inauguración encuberta denunciada polo BNG só atendía a fins electoralistas.
Atendendo a estas circunstancias e ante o seu posible impacto no electorado a Xunta Electoral de Zona propón unha sanción de 600€.
Desde o BNG-AA queremos destacar que a sanción confirma que o PP infrinxiu a lei inaugurando de maneira encuberta o novo mercado para obter réditos electorais e partidistas. Así mesmo, avala que as accións emprendidas polo BNG foron as correctas.
Reclamación do BNG na Xunta Electoral - Proposta de Resolución da Xunta Electoral
esta noticia e atrasada carece de valor por ser soterrada no tempo e do mes de abril, asi pois nada pinta agora
Esta noticia é de hoxe…No mes de abril presentouse a denuncia e agora é a resolución …600€ e a confirmación da ilegalidade….Manuel la pasión es ciega y te nubla la vista jajaja
Manuel, como ben comenta Manuel III, a noticia é de hoxe mesmo. A nova de abril era a da denuncia presentada polo BNG, a de hoxe é a proposta de resolución da Xunta Electoral de Zona onde se contempla a sanción.