Manifestación Nacional en Corrubedo en defensa do litoral

Cartel da manifestación de Corrubedo

MARCHA EN DEFENSA DO LITORAL
Corrubedo, 4 de novembro, 12h

O vindeiro domingo, día 4 de novembro, ás 12 horas, Corrubedo acollerá unha manifestación nacional contra o Plano Acuícola convocada polas diversas Plataformas de Afectados/as e ADEGA.

Paralelamente á manifestación no porto da vila ribeirense, os convocantes lanzanrán un manifesto que pretende ser un decálogo de razóns para opoñerse ó Plan, na actualidade en fase de estudo de alegacións, presentado pola Consellería de Pesca, dirixida por Carmen Gallego.

A presentación pública do evento será este mércores 10 de outubro ás 12h no decurso dunha rolda de prensa no Clube Internacional de Prensa de Compostela (Av. da Coruña, 6, baixo, Compostela). Aínda que o prazo para recibir adesións manterase aberto até o mesmo día da manifestación, no acto de presentación daremos conta dos apoios recibidos, que figurarán nos cartaces.

CONVOCAN: ADEGA, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto do Son), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía), Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma de Afectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupación de Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/as da zona 5ª, Delegacións da Coruña e Lugo do Colexio de Arquitectos/as de Galiza.

Manifesto:
manifestocorrubedo.pdf

Nova en Galicia Hoxe:
Corrubedo será capital galega da loita contra o Plan Acuícola

9 comentarios en «Manifestación Nacional en Corrubedo en defensa do litoral»

  1. Excelente iniciativa de Lobeira, diplomática e discreta pero… efectiva? Polo que levo visto no BNG de Ribeira actuáchedes contra as granxas cas alegacións, cas iniciativas no Concello, apoiando ós afectados(por certo, onde estaba o PSOE, principal responsable?)... pero o BNG ten que demostrar o seu poder “de convicción” no goberno. O vindeiro día 4 hai que axudar desde Corrubedo con miles de “argumentos”. Estarei alí con todos os que valoran o noso medio natural para protexelo

  2. Eu tamén estarei alí para contribuír a unha causa xusta. Agardo que a Consellería de Pesca recapacite e non leve a cabo o estrago que tiña argallado para a nosa costa.
    En todo caso, aínda que sobran argumentos para parar esta desfeita, por se non lle chegan as máis de mil alegacións presentadas, os milleiros de sinaturas e todas as mobilizacións sociais que se levaron a cabo, cantas máis persoas esteamos alí máis “argumentos” seguiremos sumando.
    Vemos o 4 en Corrubedo!!

  3. O Sr consselleiro de Medio Ambiente di que o impato será reversible porque “as concesións só serán por 30 anos” ]El PAis domingo pasado[ Podemos emprestar o noso mellor patrimonio natural en Corrubedo durante 30 anos? Alguén imaxina como estará O Corgo daquela despois de haber asfaltado medio millón de m2? Alguén pode crer que eso pode ser reversible? Pena de conselleiro. Digámoslle alto e claro: Ribeira non vai consentir que lle ouben Corrubedo, o corgo, a laxe brava!!

  4. Ya estais los del Bloque oponiendovos al progreso. En los tiempos que corren, de avances tecnológicos, agotamiento de los recursos naturales y de globalización mundial, hai que elegir: subirse al carro del progreso o al de vacas. Yo personalmente pienso quie es más atractivo para un turista o un inversor extrangero ir visitar la “Stolt Sea Farm” (suena mejor, vamos) que dar un paseo “por la Laxa Brava” (esto no le dice nada, suena a atraso). Por mi adelante con las pisci. Es lo mejor. ¡¡¡Chao!!

  5. Si se me permite quixera darche a miña opinión o teu comentario, “Yo mimmo”

    Se fixeras un seguimento das noticias que se poñen neste Blog verías que “os do Bloque” non se opoñen o progreso, mais ben: O BNG da Barbanza ven de amosar a súa solidariedade e apoio “as xustas reivindicacións dos veciños e veciñas afectadas” polos proxectos que no Plan Galego de Acuicultura se pretenden instalar no noso entorno máis próximo.
    Os avances tecnolóxicos e o progreso existen dunha maneira ou de outra dende que se inventou a roda (sí… aquela de pedra, non te acordas?), pero como toda-las cousas, téñense que aplicar ben, pois de outra maneira os resultados poden ser moi “chungos”, senon mira pa capa de ozono.
    Por outro lado, parece que tiveras algo en contra deses animales, as vacas, como saberás, deles sae o leite, un líquido blanco con moito Calcio, que é moi bo po cerebro.
    No do turismo seguro que levas algo de razón, pois eu coñezo algunha fábrica que ten “turistas” as 24 horas, de día son miles as gaivotas que teñen a voar arredor, e de noite as ratas téñenas por centos. Dos de duas pernas non coñezo a ningún que fose de turismo a fábrica algunha, mais ben escapan de-las, pois algunhas cheiran que feden.
    Claro que non soa ben o de Laxa Brava, é que se chama LAXE BRAVA , pa min que soa a firmeza acompañada con notas de nobleza.
    O mellor non son as “pisci”, nin o progreso, nin sequera a Laxe Brava, coido que o mellor sería que non tivera que facer éste comentario.
    Saúdos.

  6. Non estaría de máis que monik (¿?) se explicara. Eu que non son do bloque pero “ando” por aqui ás veces e mesmo teño escrito a miña opinión debo estar dentro do “todos vos”. En descargo deste foro direi que nunca vin opinións que se poideran considerar ofensivas para ninguén. Saúdos sobre todo a mnk!!

  7. Siempr fui d ls ke piensan komo monik. Los dl BNG dabais una imagn muy radikal. Reconozco en vustro fvor ke ultimamente stais mjorando. Dsde luego n Riveira sois los k más trabajais (ai ke rekonocr kel resto ayuda) y kda vez me kae mjor Kintana (mas x lo q ace q x lo q dice). Tngo amigs q opinan lo msmo. No a ls piscifatorias en riveira!!

  8. No necesito ni ser del bloque, ni escribir en gallego para decirle a “yo mimmo” que, si el progreso es destrozar un entorno maravilloso (que además es mi casa porque yo así lo elegí), para que alguien ponga un cartel en inglés y llene todo de mierda… pues que sepa que en estos tiempos que corren, de avances tecnológicos, agotamiento de los recursos naturales y de globalización mundial, elegimos que no nos toreen, que nos gustan las vacas y que si quiere cartelitos en ingles se vaya a inglaterra que nos deje a los de “a laxe brava” disfrutar de ella porque a nosotros si nos dice algo, no solo algo sino TODO; la única pena que tengo es que aunque para esto aún estamos a tiempo, ya no tanto para la especulación urbanistica que se ha hecho en Corrubedo, si vais a la manifestación mirar a vuestro alrededor y llorar por lo que se le ha hecho a un pueblo. Esperemos no seguir empeorando.

Responder a Salvora Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.