Luís Pérez participa na XXXIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico

A XXXIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, celebrada esta mañá en Viana do Castelo, aprobou a adhesión de dous novos municipios á entidade: Betanzos e Vilalba. Na reunión tamén se aprobou o orzamento de 5.090.000 € para 2025, así como as contas e o informe de xestión correspondentes ao exercicio.

O Concello de Ribeira estivo representado polo seu alcalde, Luís Pérez Barral, e o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez. Durante o encontro, destacaron a importancia da colaboración transfronteiriza en ámbitos como a educación, a sustentabilidade e a cultura. Ribeira participou en actividades como intercambios escolares, xornadas sobre urbanismo sostible e educación, e a Bienal de Pintura. Ademais, prevé promocionar a súa oferta turística en Expocidades.

En breve, o municipio presentará as conclusións do Laboratorio de Innovación Transformadora Cohesiva, iniciativa centrada en mellorar a calidade de vida a través de políticas sociais, culturais e ambientais. “O obxectivo é optimizar a xeración de riqueza e benestar para a veciñanza”, concluíu Pérez Barral.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.