Luís Pérez e Xabier Vidal reúnense coa veciñanza das parroquias de Carreira e a Graña

O alcalde de Ribeira e o concelleiro de Participación Veciñal, Xabier Vidal, mantiveron reunións en Carreira e a Graña co propósito de atender as necesidades da veciñanza nas distintas parroquias.

Durante as xuntanzas a pé de rúa; abordáronse necesidades locais como o mantemento e limpeza dos espazos públicos, infraestructuras e zonas verdes municipais. Durante ambos encontros, os membros do equipo de goberno reafirmaron o seu compromiso coa mellora da limpeza e as infraestruturas nas distintas parroquias do municipio; co propósito de mellorar a mobilidade, o acceso a servizos esenciais e o benestar de toda a veciñanza.

“A participación veciñal e a atención ás parroquias son aspectos fundamentais na xestión dos gobernos municipais” explicou o rexedor Luís Pérez. “Cada parroquia ten necesidades específicas, e é a nosa responsabilidade garantir que estas sexan abordadas de xeito efectiva.”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.