Luís Pérez e a concelleira Cruz Rivadulla acuden ao acto de participación organizado pola Fundación Ría

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e a concelleira de Educación, Formación, Igualdade, Diversidade e Atención ás Parroquias, Cruz Rivadulla acudiron hoxe ao acto  de reflexión organizado pola Fundación Ría sobre a estrada AC-305 ao seu paso polo núcleo de Coroso.


Tras un convenio coa Xunta, a Fundación RIA está a elaborar propostas de intervención para mellorar a seguridade e recuperar a identidade urbana en 5 tramos prioritarios de Taragoña, Boiro, Escarabote, A Pobra do Caramiñal e Coroso. No evento tivo lugar un debate sobre a seguridade da vía e sobre os valores patrimoniais, urbanísticos e identitarios da contorna, identificando as necesidades da veciñanza.


O alcalde Luís Pérez destacou a necesidade de incorporar máis zonas verdes e de sombreado ao longo desa estrada. “Sería conveniente reducir tamén o ancho dos carrís para que os vehículos circulen a menor velocidade” comentou. Pola súa parte, Cruz Rivadulla destacou algúns problemas de seguridade vial e accesibilidade que tamén sería preciso abordar na estrada pertencente á Xunta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.