Logramos que o Pleno aprobara reclamarlle á Xunta a construción dun novo Centro de Saúde para Ribeira

Aprobada unha proposta do BNG pola que o Goberno Municipal reclamará á Xunta de Galiza a construción dun novo Centro de Saúde para Ribeira.

Malia as reticencias iniciais, o Grupo de Goberno do Concello de Ribeira aceptou parcialmente unha moción do BNG para “solicitar á Xunta de Galiza a construción en Ribeira dun novo Centro de Saúde”.

A coñecida precariedade na que se desenvolve o traballo do persoal sanitario e administrativo do actual centro de saúde ribeirense, coa conseguinte merma de calidade que isto supón para os usuarios e usuarias da atención primaria no noso concello, non semellaba razón dabondo para aceptaren a nosa proposta.

A evidencia de que Ribeira estaba fóra das previsións inversoras da Consellería de Sanidade en Atención Primaria tanto no 2010 como para o 2011 “animaron” ao Grupo de Goberno a aceptar este primeiro punto que non é máis que un primeiro paso necesario para ter unhas instalacións indispensábeis para a mellora da atención sanitaria da cidadanía ribeirense.

Incomprensiblemente, o PP rexeitou “solicitar á Consellería de sanidade a cobertura do 100% do persoal sanitario nos períodos en que estiveran ausentes por enfermidade ou por vacacións”. O PP de Ribeira manifesta deste xeito a súa aceptación da grave situación producida este verán no que, por primeira vez en moitos anos, o persoal médico e de enfermería non foi substituído ao marchar por permiso de vacacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.