Lembranza e ofrenda floral a Manuel Ayaso polo segundo aniversario do seu pasamento

 Este mediodía celebrouse un pequeno acto de recordo polo segundo aniversario do pasamento do pintor e fillo predilecto do concello, Manuel Ayaso. O acto estivo presidido polo rexedor, Luís Pérez Barral, os tenentes de alcalde, concelleiros e concelleiras da Corporación ribeirense xunto coa filla Mónica Ayaso.


Pérez Barral informou que estaba programado un acto  conmemorativo en lembranza do fillo predilecto Manuel Ayaso, “un veciño moi querido no noso concello”. O alcalde explicou que debido aos problemas de saúde que ten a súa viúva, Lucía, “decidimos cancelar ese evento pero non queríamos pasar a data do segundo aniversario do pasamento sen lembralo e sen que Ribeira lle rendese unha merecida e xusta homenaxe”.

Luís Pérez repasou a súa traxectoria internacional, pola península e rematando no seu fogar no que “deixou unha pegada potente no noso concello e súa paixón con tódalas manifestacións artísticas que se denvolvían no noso concello”.

Barral rematou significando que “o seu legado perdurará no tempo e estará no recordo da veciñanza de Ribeira”.