O escritor José Vicente Domínguez e a concelleira de Educación e Igualdade, Cruz Rivadulla, firmaron hoxe a doazón de varias obras bibliográficas do autor ao arquivo da Biblioteca Municipal de Ribeira.
A concelleira agradeceu a José Vicente Domínguez a decisión de “compartir o seu legado literario co seu concello natal”. Pola súa parte, o autor destacou a súa ilusión pola nova biblioteca que contribuirá a que Ribeira “sexa unha cidade de cultura”.