José Antonio Santamaría homenaxeado na terceira andaina solidaria “Aguiño contra o Cancro”

Hoxe presentouse esta terceira edición da andaina solidaria no Salón de Actos da Cofradía de Pescadores de Carreira-Aguiño.

O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, informou que esta terceira andaina solidaria vaise a celebrar o vindeiro domingo día 7 de setembro no Porto de Aguiño a partir das 19:30 horas, o traxecto será similar ás das anteriores edicións, polo paseo de Couso Penisqueira e Muralla. Vidal falou do importante de estas iniciativas, “para fomentar o deporte, evitar o sedentarismo e facer comunidade. E o principal, facemos un chamamento para que a xente acuda o 7 de setembro porque todo o que se recade será destinado para a investigación desta enfermidade”.

O concelleiro de Deportes rematou agradecendo a labor continua da Asociación contra o Cancro de Ribeira e fixo referencia ao pobo de Aguiño, “que demostrará unha vez máis esa forza solidaria que o caracteriza”.