Interesámonos pola deficiente cobertura de TV

O BNG interésase, novamente, pola deficiente cobertura da TV en Ribeira. Nesta ocasión preguntando ao goberno se ten encargado algún estudo ao respecto e, se é o caso, que conclusións se derivan do mesmo.

Son coñecidas as deficiencias na recepción da TV analóxica que diversas zonas do concello de Ribeira padecen desde hai moitos anos, nomeadamente amplas zonas das Parroquias de Oleiros, Artes, Olveira e mesmo do centro urbano.

O BNG ten reclamado diante do Pleno da Corporación a corrección destas deficiencias mediante diferentes iniciativas como a presentada en Marzo de 2005 que fora aprobada por unanimidade. Tamén no mes de maio de 2006 presentamos unha iniciativa solicitando información sobre as xestións realizadas sobre a cuestión da cobertura da TV que non tivo resposta.

Co paso do tempo mantense a cobertura da TV practicamente na mesma situación de deficiencia segundo teñen manifestado moitos veciños e veciñas das diferentes zonas e parroquias mencionadas.

Iniciativa Municipal:
2008-01-08preguntaestudosinaltv.pdf

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.