Intento de usurpación dun camiño nos Paramos

caminodosparamos.jpg

Ante o que parece a todas luces un intento de usurpación dun camiño de carro por un particular nos Paramos, Castiñeiras, a veciñanza do lugar demandou o apoio do BNG de Ribeira.

Unha vez que chegamos ao lugar, comprobamos que o devandito camiño que da servicio a varias fincas esta sinalizado con un muro por un lado e marcos polo outro. Ademais, aparece recolleito tamén en escrituras de propiedade dos lindeiros e mesmo nun plano de levantamento topográfico visado.

Non se entende, pois, a pasividade que está adoptando o goberno ante o que parece unha clara usurpación dun camiño público por parte dun particular. Razón pola cal presentamos unha iniciativa ante o Goberno e ante a Corporación Municipal solicitando que se adopte as medidas oportunas para que se proceda ao marcado dos deslindes e dos retranqueos pertinentes, unha vez analizada a documentación necesaria. Do mesmo xeito, tamén demandamos que se proceda ao arranxo do devandito camiño, xa reclamado polos usuarios do mesmo.

Iniciativa Municipal:
2007-10-17-camino-paramos.doc

Nova na Voz:
A ocupación dun camiño suscita protestas veciñais en Castiñeiras

Un comentario en «Intento de usurpación dun camiño nos Paramos»

  1. Eliminando os comentarios “spam” borrei, de xeito accidental, un comentario que coido que tiña relación con esta anotación. Se o autor/a quere que apareza publicado, agradecería que o escribira de novo.
    Saúdos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.