O BNG denuncia a obstrución das beirarrúas por uns postes en Castiñeiras

O BNG denuncia a obstrución das beirarrúas por uns postes en CastiñeirasNa estrada principal da parroquia ribeirense de Castiñeiras está a procederse a cambiar uns postes deteriorados, concretamente na recta da Fonte Seca. Veciños da parroquia ribeirense de Castiñeiras puxéronse en contacto co BNG para denunciar como as obras de substitución duns postes vai inutilizar algúns tramos de beirarrúas, o que obrigará aos camiñantes a baixar á estrada.

O voceiro do BNG, Xosé Antonio Vázquez Cobas, cualificou esta actuación de “chafallada” e criticou a pasividade e a inacción de Partido Popular ante unha actuación que suporá crear un obstáculo insalvábel, obrigando ás persoas a camiñar pola estrada poñendo a vida en risco, impedindo o tránsito das persoas con mobilidade reducida e dificultado a circulación de vehículos. Vázquez Cobas pegúntase como é posibel que o señor Ruiz permita semellante actuación e lamenta que o desleixo e do Partido Popular chegue ao extremo de poñer en perigo a integridade fisica da veciñanza ao ter que baixar a estrada para pasar. “É abraiante ver a absoluta falta de control dos traballos por parte do concello e a impunidade coa que operan certas empresas no espazo público” explicou.

Dende o BNG sempre apostamos por facer un concello máis amábel e accesíbel para todas as persoas e vemos como o goberno local non está camiñando nese sentido, polo que volveremos presentar iniciativas que promovan actuacións que garantan a accesibilidade universal nas parroquias e melloren a calidade de vida da veciñanza. Por todo o anteriormente exposto o BNG vai demandar que o goberno local dea explicación ante a colocación de postes que ocupan a beirarrúa impedindo o tránsito, os motivos que levaron a que ninguén controlara e supervisara os traballos e demandará a posta en marcha de medidas que garanticen a accesibilidade universal en todo o municipio, tamén nas parroquias.

One Comment on “O BNG denuncia a obstrución das beirarrúas por uns postes en Castiñeiras”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.