Galiza Nova denuncia unha pintada LGBTfóbica en Ribeira

A organización xuvenil do BNG denunciou este mércores un novo ataque LGBTfóbico na comarca, desta vez en Ribeira.

Segundo a responsábel comarcal da organización, Diana Lixó, “as persoas LGBT enfrontámonos a agresións constantes diariamente”. Lixó engadiu que ante esta grave problemática é preciso que sexamos activistas os 365 días do ano, educando ao noso entorno en igualdade e respecto.

As mocidades do BNG consideran necesario promover “unha educación sexual digna nos colexios, que eduque ás nosas crianzas libres de prexuízos moralistas”.

Desde Galiza Nova declaran que “non van tolerar a LGBTfobia, polo que animan a toda a mocidade galega a “se organizar para facer fronte a esta, para construír coas nosas propias mans a Galiza da diversidade, a Galiza na que poder sermos libres.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.