O BNG mantén xuntanzas coas confrarías de Ribeira e Carreira-Aguiño

Rosana Pérez reúnese co presidente da Confederación Galega de Confrarías e co presidente da Confraría de Carreira-Aguiño.

A deputada do Bloque responsábel dos asuntos pesqueiros e marisqueiros, estivo acompañada do voceiro do BNG Ribeira, Xosé Antonio Vázquez, na reunión mantida con José Antonio Pérez Sieira patrón maior de Ribeira e tamén presidente da Confederación e Jose Antonio Santamaría, patrón da confraría de Carreira-Aguiño.

Nas xuntanzas, Rosana Pérez tomou nota das principais demandas do sector e dos problemas que teñen a día de hoxe, coa extracción do reló e diversos casos de contamiación comprometéndose a traballar para levar ao Parlamento de Galiza as súas peticións e procurar solucións para o sector.

Rosana Pérez e Xosé Vázquez mostraron o compromiso e a disposición do Bloque Nacionalista Galego a traballar por un sector fundamental en Galiza como é a pesca e o marisqueo do que dependen miles de empregos e a trasladar as súas demandas a onde for preciso.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.