O BNG congratúlase de que, tras moito insistir, se asfalte o García Bayón

Vázquez Cobas: as iniciativas e persistencia do Bloque xorden efecto

O BNG rexistraba a pasada semana un escrito en Portos de Galiza no que se lle recriminaba o atraso na mellora do firme do García Bayón e parece que a persistencia do Bloque tivo o seu resultado, xa que por fin, se comezou o demandado asfaltado. A histórica remóntase ao mes de abril de 2017 cunha iniciativa na que se instaba a que o Concello de Ribeira instase a Portos de Galiza a mellorar o firme das avenidas do Malecón e das Carolinas, incluíndo o tramo que se atopaba máis deteriorado que era o da avenida García Bayón.

Após seis meses desa iniciativa, o BNG denunciaba publicamente o incumprimento de mellorar as estradas anteriormente mencionadas, e rexistrabamos outra iniciativa na que se inquiría ao goberno local maior implicación na esixencia ao ente público, así como os prazos que se estimaban para que estivese realizada.

Segundo o voceiro nacionalista, Xosé Vázquez Cobas e a responsábel de acción social, Cruz Rivadulla, “a iniciativa presentada polo Bloque permitiu que a avenida do Malecón fose asfaltada na súa totalidade mais non sabemos o motivo que levou a ambas administracións, Portos por incumprimento e o Concello de Ribeira por omisión cun goberno que mira para outro lado, se deixou o García Bayón sen asfaltar”.

Vázquez Cobas, recriminou a lentitude para mellorar unha estrada que é un dos principais accesos á vila, “non é normal que un compromiso que se adoptou en 2017 e se volveu confirmar en 2019 estea sen executar en 2020”. O voceiro lembrou que en novembro de 2019 o Concello de Ribeira e Portos de Galiza asinaron o convenio no que se recolle o compromiso de investir case 42.000€ para asfaltar e renovar o firme da estrada García Bayón.

“Recriminamos a demora na realización desta obra que é moi necesaria, pois a estrada presentaba fochancas de tamaño considerábel, mesmo en pasos de peóns que provocan riscos de seguranza viariaAs consecuencias da mala xestión do PP non deberían ter que pagalas os veciños e veciñas” asegurou Cobas.

O BNG congratúlase de que por fin as obras vaian adiante

Tralo rexistro do escrito a pasada semana na que se denunciabamos todos os atrasos e incumprimentos e atrasos por parte de ambas administracións e na que se esixía a realización do asfaltado da avenida García Bayón. “Parece ser que a persistencia do Bloque para que se mellorase o firme da estrada deu froitos” asegurou Cobas.

Malia iso, no Bloque consideramos que, se Portos de Galiza desexa ser titular dos terreos que hoxe en día xa non teñen un uso portuario, non só debe selo para ter os beneficios que lle reporta o cobro das taxas á hostalaría pola colocación das terrazas por exemplo, senón que tamén debe selo para cumprir coas súas obrigas de manter en bo estado de mantemento estas infraestruturas. Lembramos que o Concello de Ribeira xa custea a limpeza e a iluminación desta zona por ser de interese xeral para a veciñanza do municipio, mais consideramos que o goberno debe esixirlle a Portos de Galiza que conserve as zonas de titularidade do ente público.

Para concluír, Cobas reprochou o completo desleixo do goberno local por manterse tanto tempo inmóbil no canto de esixir con contundencia que todas as administracións e entes públicos cumpran cos seus compromisos coa veciñanza de Ribeira e agarda que situación como esta non se volvan repetir.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.