O BNG arrinca compromisos para que o Club de Remo teña novo edificio

Os nacionalistas están facendo xestións para que conten cun novo edificio en Aguiño

O voceiro e a vice-responsábel de acción social da formación nacionalista, Xosé Vázquez e Teresa Prol, mantiveron unha reunión de traballo cos entrenadores do Club de Remo Náutico de Ribeira, Jesús Silva e Sandra Sánchez.

A xuntanza produciuse para avanzar cuestións relativas ao novo edificio para acoller a sede do club e a futura escola de remo. Silva e Sánchez expuxeron que o Club precisa unhas instalacións dignas que dean resposta ás necesidades reais. Neste sentido, Vázquez Cobas anunciou que o compromiso do BNG para lograr que sexa unha realidade o máis axiña posíbel.

Vázquez aposta por dotar de instalacións dignas que permitan desenvolver a práctica deportiva así como un financiamento suficiente. O BNG confirmou que está levando a cabo xestións co goberno municipal para dispoñer dos recursos económicos para a construción do novo edificio do clube. Así mesmo, o voceiro destacou que o Bloque arrancou o compromiso do goberno de levar este asunto ao vindeiro pleno municipal.

Cobas argumentou que “é compromiso do BNG favorecer os deportes e así o demostramos onde gobernamos, pois desde a Deputación da Coruña tamén realizamos esforzos por dotar de materiais como son as furgonetas ou a adquisición de bateis para estes clubes”. Ademais defendemos a necesidade de aumentar os recursos que o Concello de Ribeira destina ao deporte.

No BNG estamos orgullosos dos éxitos que están acadando as remeiras e remeiros do Clube de Remo Náutico de Ribeira, pois “están conseguindo éxitos que nos sitúan no mapa e que demostran que neste concello existen deportistas de primeiro nivel neste deporte que se suman aos xa existentes noutros deportes” esgrimiu Cobas. O Club fai un labor encomiábel na promoción deste deporte non só entre as crianzas e a rapazada senón que tamén promoven o deporte entre os maiores de 35 anos, alén de dinamizaren a vida da parroquia de Aguiño.

No BNG cremos que o labor que realiza este club a pesar das precarias instalacións que posúe e os poucos fondos dos que dispón fan que sexa de xustiza que teñan unhas instalacións axeitadas nas que poder desenvolver as súas actividades.

Foto de capa: La Voz de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.