“Reverdecer Ribeira” plan presentado polo BNG para aumentar as zonas verdes

A humanización de Ribeira, do seu espazo urbano, non será tal se non fan parte dela de xeito estrutural e principal as árbores, as plantas e zonas verdes neste sentido, o Bloque presentará no Pleno da Corporación un plan denominado “Reverdecer Ribeira” para aumentar e mellorar o número de zonas verdes e vexetación nas rúas.

Todos sabemos que as árbores absorben o dióxido de carbono, o oxido de nitróxeno, amoníaco, dióxido de xofre e o ozono devolvendo osíxeno e axudan a diminuír as emisións de CO2” argumentou o voceiro Xosé Vázquez, “malia isto o Partido Popular parece que lle dan alerxia pois non aumenta as zonas verdes e as poucas árbores novas que hai en Ribeira están grazas á presión e teimosía do BNG” engadiu.

No Bloque cremos que son necesarias máis árbores e arbustos polos múltiples beneficios non que teñen pois “non só reducen a contaminación senón que tamén actúan sobor do clima aumentando a humidade do ambiente e diminuíndo a temperatura no verán, entre 2 ou 8 grados, proporcionando sombra e fresco no asfalto, na pedra e no cemento e se algo precisamos en Ribeira é menos cemento e máis vexetación”. Os espazos verdes, as árbores e as plantas na cidade melloran a calidade de vida das veciñas e veciños contribuíndo na creación dun ambiente social, de convivencia, de educación ambiental e mesmo revalorizan o prezo dos inmobles e locais que hai nesas rúas.

Desde o BNG apostamos por incorporar máis árbores e arbustos nas rúas de Ribeira e as súas parroquias, neste sentido, é preciso que desde o concello se teña en conta esta cuestión cando se fan proxectos de reforma, mellora ou reurbanización.

Con respecto ás áreas forestais que son propiedade municipal, cremos que se debería aplicar gradualmente unha desecaliptización apostando por unha planificación ordenada na que faga un calendario para eliminar especies invasoras dos montes e zonas forestais públicas en beneficio da plantación de especies autóctonas” concluíu Cobas.

Por iso, o grupo municipal do BNG presentará no vindeiro pleno un plan para Reverdecer Ribeira, que se desenvolva ao mesmo tempo que a humanización das rúas do municipio, e que inclúa cando menos un estudo detallado nas rúas que é posíbel poñer vexetación, coidado anual das árbores e realización dun programa progresivo de eliminación de especies invasoras nos montes de titularidade municipal e repoboacións con especies autóctonas.

2 Comments on ““Reverdecer Ribeira” plan presentado polo BNG para aumentar as zonas verdes”

  1. Xa que esta o mazonas en peligro, pódese crear o amazonas riberense, e iremos todos de taparrabos como tarzan,de chita xa temos varios candidatos no BNG.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.