O BNG pide información sobre verteduras de augas fecais no río Listres

Os nacionalistas estarán vixiantes para que as obras para erradicar verteduras e cheiros se cumpran

O BNG vai requirirlle ao goberno local información sobre as verteduras de augas fecais que se producen no río Listres e demandará actuacións para evitar que estas se produzan polos problemas ambientais e molestias que ocasionan na veciñanza de Castiñeiras.

O voceiro do BNG, Xosé Antonio Vázquez Cobas, lembrou que a mala praxe e xestión feitas polo Partido Popular ocasionaron un gasto adicional de 600.000€ de fondos públicos nun proxecto de saneamento que foi mal planificado e que ocasionou importantes problemas entre os veciños e veciñas de diversas zonas do municipio como Castiñeiras, O Touro e Aguiño.

Con respecto a este último tema, o Bloque rexistrou unha iniciativa no concello para que o Concello de Ribeira se comprometa tamén a corrixir varios puntos de vertedura que existen no río Listres para que sexan canalizados cara á rede de saneamento.

Finalmente, Vázquez Cobas, asegurou que o Bloque estará vixiante para que os prazos para solucionar os problemas se cumpran despois de que nas sucesivas reunións de seguimento os organismos responsábeis – Augas de Galiza e Aquaest – se comprometeran a ter as obras rematadas no verán deste ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.