Comunicado do BNG Ribeira ante as reunións e posibles pactos de investidura

O BNG ribeirense quere facer públicas as seguintes consideracións ante as novas que están saíndo nos últimos días ante o pleno de investidura que terá lugar o vindeiro sábado 15 de xuño:

  • O BNG remarca que non vai entrar nas liortas que existen entre o PP e o PBBI. A asemblea local tomou a decisión de absterse porque non imos favorecer ningún goberno de dereita.
    O Bloque tomou a decisión de absterse para evitar ser cómplice das liortas persoais que existen entre o señor Mariño e o señor Ruiz.

  • O BNG nega que PBBI sexa o cambio que Ribeira precisa, pois os seus máximos dirixentes tiveron cargos e responsabilidades políticas no PP e C’s, desde tenentes alcalde e deputados no Parlamento Galego polo PP ou mesmo candidatos de Ciudadanos.
    Resulta sorprendente que outras organizacións políticas aposten por investir unha forza política creada por carraxes persoais e cuxos dirixentes defenderon ferventemente as políticas de dereita máis duras, opacas, antisociais que permitiron recortes de servizos públicos, involución de dereitos sociais, etc.

  • O BNG considera que o primeiro e máis importante son as políticas en favor da veciñanza que permitan mellorar a súa vida e nunca as prebendas, os cargos ou as asignacións económicas. A postura da asemlea local nacionalista foi claro e ningunha presión forzará un cambio no posicionamento do Bloque.

  • Cómpre lembrar que o pasado 26 de maio, o 64% da veciñanza de Ribeira votou por dúas forzas de dereita que obtiveron 16 dos 21 edís da Corporación Municipal. O BNG ribeirense non lle dará o seu voto favorábel a ningunha delas e fará unha oposición seria, responsábel e construtiva polo ben xeral do concello e dos seus veciños e veciñas.

  • Ribeira, 13 de xuño de 2019

    BNG Ribeira

    One Comment on “Comunicado do BNG Ribeira ante as reunións e posibles pactos de investidura”

    1. Puxestellelo programa do BNG enriba da mesa a De Bricio? e preguntaches que ia cumprir… Non. A meirande parte do pobo de Ribeira dixo que non quería a Ruiz. O que dicides é una falacia. É moi ghrande esa bandeira pra vos e tedes poucos callos nas mans. Podedes ir perdiendo as 30 monedas na sede do PP. Vergoña debería darnos estafar os votos dos que levan dende a guerra civil esperando pra desenterrar mortos nos montes de ribeira.

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.