O BNG rexeita converter Sálvora nun vertedoiro

O BNG ribeirense rexeita a pretensión da Consellaría do Mar a verter os lodos que se extraian da ría de Pontevedra no contorno da illa de Sálvora.

O voceiro nacionalista, Xosé Vázquez Cobas, cualifica a medida autorizada por Portos de Galiza de “atentado ambiental e económico para Ribeira e Aguiño”. Desde o Bloque denunciamos que esa decisión atenta contra o medio natural pois a illa de Sálvora pertence ao parque nacional das Illas Atlánticas.

Para o BNG non é menos importante o risco que esta acción pode ocaisonar para o sector do mar. Neste sentido, Vázquez Cobas, é moi crítico coa pretensión dos responsábeis da Consellaría do Mar que poñen en serio risco centos de postos de traballo do sector marisqueiro, pesqueiro e turístico. “Poñémonos a disposición das confrarías para trasladar as súas demandas alá onde fose preciso”.

O grupo parlamentar do BNG xa está tramitando diversas iniciativas para paralizar o que suporía un atentado ambiental. Finalmente, Vázquez Cobas, comunica que está en contacto coa eurodeputada do BNG en Europa, Ana Miranda, para estudar unha posible iniciativa ante organismos europeos, denunciando tamén a permisividade e labor dos diferentes gobernos ante feitos como este.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.