Comunicado do BNG Ribeira ante o pleno de investidura

A asemblea local do BNG quere trasladar aos veciños e veciñas de Ribeira as seguintes consideracións e acordos:

1. A asemblea local do BNG avala a continuidade de Xosé Antonio Vázquez Cobas como portavoz municipal, tras poñer o seu cargo a disposición. Respaldamos o traballo efectuado, a súa valía e experiencia.

2. O BNG non vai entrar nas liortas que existen entre o PP e o PBBI. A asemblea local tomou a decisión de absterse porque non podemos favorecer ningún goberno de dereita. O Bloque para evitar ser cómplice das liortas persoais entre o señor Ruiz e o señor Mariño, absterase para respectar a vontade das veciñas e veciños de Ribeira, nos que sempre confiou. Entendemos que se a dereita quere gobernar terá que entenderse, pois acadaron o 64% dos votos e 16 edís e así foi ratificado pola veciñanza o pasado domingo.

3. O BNG consciente de que non existe maioría absoluta, está disposto a falar, ao longo do mandato, sobre accións políticas a desenvolver que unicamente sexan beneficiosas para a veciñanza.

4. O Bloque como forza cohesionada seguirá traballando a prol da sociedade ribeirense, buscando sempre o mellor para os veciños e veciñas. A ausencia dunha maioría absoluta por parte dun só partido é positiva pois permitirá influír nas políticas que se fagan, favorecendo o beneficio social fronte os intereses persoais. 

Asemblea local do BNG en Ribeira

1 de xuño de 2019

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.