Vázquez Cobas anima á veciñanza a consturír colectivamente o programa de goberno

As liñas xerais trazadas polo Bloque poderían resumirse nunha Ribeira accesíbel, xusta, verde, con emprego e onde as parroquias conten

O BNG prosegue no seu traballo para liderar un goberno de cambio en Ribeira. O voceiro e candidato á alcaldía, Xosé Vázquez Cobas, anunciou que as liñas xerais do programa de goberno están redactadas polo que esta semana abren o prazo para que a veciñanza poida facer achegas ao programa de goberno.

Vázquez Cobas, sinalou que “a aposta do BNG, como sempre fixo, é que a sociedade ribeirense teña voz na política local e por iso abrimos foros de participación a través de mail, whatsapp ou redes sociais nas que todo o mundo poida facer achegas”. Xa se incorporaron achegas de asociacións e colectivos e teremos en conta todas as propostas que recibamos para aprobalas mediante asemblea aberta, como xa se fixo coa designación do candidato e da candidatura.

O Bloque aposta desta maneira, por construír “un programa participativo no que todo o mundo poida estar representado”. As achegas poderán facerse por enderezo electrónico, redes sociais ou no whatsapp 617880679.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *