O BNG reafirma o seu compromiso co martes de entroido como festivo local

Vázquez Cobas: o BNG traballará para recuperar o festivo local para beneficio da hostalaría e comercio ribeirense

O Bloque ribeirense lamenta que este ano o martes de entroido non vaia ser festivo local. Os nacionalistas critican a decisión errada que tomaron o Partido Popular, autor de eliminar o festivo, como PSOE que facilitou este feito coa súa abstención.

No Bloque cren que a decisión tomada por PP e PSOE, ocasiona importantes prexuízos sociais e comerciais. Segundo explicou o voceiro Xosé Vázquez Cobas, a fatídica decisión trae “prexuízos sociais porque non facilitar que as veciñas e veciños poida desfrutar do entroido ao ser xornada laboral e comerciais porque a hostalaría local facturaba moito neste día de inverno”. Vázquez Cobas cre que Ruiz decatouse do problema que provocou e grazas á presión do comercio ribeirense, viuse na obriga de facer “apaños” contratando orquestras e ampliando o orzamento destinado a esta festividade.

Compromiso cos festivos de entroido e dorna

Fronte ás decisións do Partido Popular, Vázquez Cobas asegurou que “o BNG traballará sen descanso para recuperar o festivo local do martes de entroido e seguirá defendendo o da dorna” porque son moi coñecidos e tamén porque traen importantes beneficios para a veciñanza e a economía local. O voceiro e candidato á alcaldía finalizou parabenizando á hostalaría pola organización do concurso de disfraces.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *