O BNG pide actuar contra o picudo vermello en Palmeira

Pìlar Sampedro: as palmeiras enfermas son un risco para persoas e vivendas, o concello ten que actuar

O picudo vermello está a invandir un bo número das palmeiras que se localizan na parroquia ribeirense do mesmo nome, o insecto orixinario do sudeste asiático que está a colonizar todas as palmeiras que atopa.

O insecto devora o interior do tronco ata debilitalas e provocándolles a morte. Para a concelleira Pilar Sampedro Laranga é un auténtico perigo se non se actúa nas palmeiras enfermas. Sampedro informa que na parroquia de Palmeira, hai varias xa localizadas e que corren o risco de derrubarse como xa ocurriu en outras zonas próximas a este concello como por exemplo patio traseiro do edificio do Concello da Pobra do Caramiñal.

Ante esta situación, a edil nacionalista critica a parálise de Ruiz Rivas pois non están facendo nada para previr os riscos derivados da praga que mata as palmeiras. Sampedro advirte do perigo que supón para viandantes e animais deixar en pé unha palmeira enferma.

 

Ante esta situación, o BNG fixo unha iniciativa que ten como fin que o Concello de Ribeira realice un inventario das palmeiras de ámbito público e de aquelas que por ubicación poden supoñer un risco para as persoas e actúe nelas para minimizar os perigos. Por último desde o BNG consideramos que se debe realizar unha campaña de tratamento axeitada que intente evitar a propagación da praga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.