O BNG recrimina a falta de previsión de Ruiz coa renovación dos contedores de lixo

VázquezCobas afirma que a parálise municipal é evidente pois nonplanificaron algo tan simple como é a colocación duns contedores[

O BNG mostra o seu malestar ante a falta de previsión e a nefasta xestión do lixo que está facendo o equipo do Partido Popular en Ribeira. Para o Bloque o modelo de xestión de residuos que promove o PP non é o axeitado xa que se debería traballar na reciclaxe e na compostaxe dos restos orgánicos.

Por outra banda o voceiro da formación, Xosé Vázquez Cobas, criticou a falta de previsión e culpa ao equipo de Ruiz Rivas de provocar unha parálise no concello. “Non ten sentido poñer contedores obstaculizando beirarrúas e impedindo o paso de persoas, cae decaixón”. Este feito é mostra de que o PP non planifica as accións que desenvolve e goberna a golpe de improvisación.

Vázquez Cobas afirma que se o BNG tivese responsabilidade de goberno, tería actuado con tempo suficiente para procurar os emprazamentos máis axeitados cos que evitar molestias para transeúntes.

 

Con respecto ao modelo de tratamento dos residuos, Vázquez Cobas afirmou que o modelo do Bloque non é o do PP que manda todo a Sogama para queimar, o modelo do Boque baséase nas tres R+C; redución,reutilización, reciclaxe e compostaxe.

Cobas asegura que o Bloque traballará para que Ribeira mellore o tratamento do lixo cun modelo como o que propoñen no que se fomenta a compostaxe de restos orgánicos e que leva parellado un abaratamento do custe, pois redúcese o lixo que se envía a queimar a Sogama. Por último o modelo que propóno BNG está avalado polas directrices da Unión Europea que establecer que o 50% dos residuos orgánicos en 2020 teñen que ser compostados, algo que o Concello de Ribeira non está facendo e que o BNG está disposto a reverter.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *