O BNG insta á Consellaría de Sanidade a promover o galego e corrixir a deturpación de topónimos

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) dependente da Consellaría de Sanidade incumpre de maneira sistemática, a Lei 311983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, que fixa o marco para o uso oficial do galego en diversos ámbitos, contén tamén a base legal para a recuperación e fixación da toponimia galega. No seu artigo 10 establece que “os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega”. Do mesmo xeito, as institucións públicas deben aterse ao establecido no Decreto 18912003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente coas entidades de poboación da provincia da Coruña (DOG, 2510312003) onde se recolle que o nome do municipio é “Ribeira”.

Malia o exposto no parágrafo anterior, ADOS envía mensaxes de texto á poboación cando vai vir o autobús para doar sangue poñendo Riveira. Ademais das mensaxes tamén pon carteis en lugares e espazos públicos nos que tamén se deturpa o topónimo oficial e legal incumprindo así co establecido pola lexislación vixente en materia de toponimia.

Ante o anteriormente exposto, o concelleiro Luís Pérez Barral en nome do BNG, dirixiuse á Consellaría de Sanidade instándoa a que se iniciaen accións encamiñadas a rematar con feitos como este que atentan contra o noso patrimonio cultural inmaterial. Desde o BNG cremos que se deben tomar as medidas oportunas para facer efectivo o cumprimento e respecto cara os topónimos e tamén promover a lingua propia de Galiza, que é o galego, nas comunicacións que realizan os departamentos de Sanidade como son a cartalaría, atención con pacientes e a documentación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *