Arranxan os semáforos do Malecón trala denuncia do Bloque

O desleixo do PP provocaba inseguridade viaria

Desde hai uns anos, o tráfico que atravesa a avenida do Malecón está regulado mediante semáforos ao longo de todo o perccorrido. O feito de que haxa semáforos é positivo, cremos desde o BNG, porque aumenta a seguridade viaria, tanto para vehículos como para as e os viandantes. Ademais contribúe a evitar atascos.

Porén, a concelleira Elvira Blanco Pérez denunciou que “a falta de mantemento brilla pola súa ausencia e é habitual ver partes dos semáforos amarradas por cinta adhesiva ou fitas de plástico para evitar que se desprendan”. Para a nacionalista o PP abandona as súas obrigas de manter en bo estado estes elementos, aumentando o riscos innecesarios como o de atropelos.

Facéndose eco das queixas veciñais, o Bloque presentou unha iniciativa no Concello de Ribeira para que o goberno de Ruiz Rivas faga o seu traballo e arranxe os semáforos que se atopan en mal estado, co fin de que tanto vehículos como peóns teñan máis seguridade á hora de circular polo Malecón.

Trala denuncia presentada polo Bloque, o semáforo que hai diante da Cruz Vermella e da oficina de turismo, foi amañado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *