O BNG condena a agresión machista acontecida en Ribeira

A Asemblea Local do BNG quere manifestar o seguinte diante do acontecido en Ribeira en relación a unha agresión machista, cuxo agresor foi detido e encarcerado para salvagardar a seguridade da vítima:

Desde o BNG amosamos a nosa absoluta repulsa contra estes acontecementos que puideron rematar cun feminicidio. Amosamos a nosa máis sincera solidariedade coa vítima á cal lle mandamos o noso afecto e apoio.
Unha vez máis vemos a pervivencia do patriarcado e da violencia machista que tentan impedir que as mulleres poidamos desenvolver a nosa vida en plena liberdade. Estes feitos poñen de relevo a gravidade da violencia que se exerce contra as mulleres.

Entendemos que queda moito por facer para erradicar este problema social, desde o BNG ratificamos o compromiso de loitar contra a violencia machista e instaremos ao Concello de Ribeira a rexeitar as agresións e violencias que atentan contra a integridade das mulleres. Esta tarefa corresponde tanto ás institucións como á sociedade e debemos comprometernos coa tolerancia cero. Abonda xa de violencia machista!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *