A Corporación aproba 25 obras, moitas delas a instancias do BNG

O BNG consegue introducir no remanente 480.000€ para varias propostas que lle trasladou a veciñanza

A Corporación Municipal de Ribeira aprobou nun pleno extraordinario celebrado no serán deste 16 de agosto, destinar case dous millóns de euros para a redución da débeda e 1,7 millóns para diversas obras, asfaltados e saneamentos. Desta última contía para investimentos, o BNG conseguiu introducir diversas actuacións por importe de 480.000€, algunhas por peticións realizadas por veciñas e veciños.

As actuacións propostas polo BNG e que contaron co apoio da Corporación son: a remodelación das rúas de Lugo e Rosalía de Castro (244.093€), a ampliación do centro social de Corrubedo (129.910€), a dotación de beirarrúas e sumidoiros na Capela en Carreira (39.914€) a instalación de saneamento no cruzamento do Vilar (36.060€) ou o acondicionamento do río Listres (29.800€).

O voceiro do BNG Xosé Antonio Vázquez Cobas, interpelou ao goberno local para comprometelo a facer unha actuación integral no centro social de Corrubedo que permita mellorar a accesibilidade e os problemas da humidade, continuar coas melloras no río Listres se as actuacións que se vaian realizar non dan resultado para evitar o estancamento da auga e tamén a cumprir cos acordos acadados co BNG.

Desde o Bloque recoñecemos que aínda que hai actuacións que non se incluíron e outras que están financiadas só en parte, aledámonos de que as inciativas presentadas polo BNG vaian contribuir a mellorar a vida da veciñanza de Ribeira e das súas parroquias. Nese sentido, seguimos abertos a escoitar a todas as propostas que se nos queiran achegar por parte da xente e dos colectivos sociais do municipio. Continuaremos facendo unha oposición seria, rigorosa e en positivo que permita visualizar como unha Ribeira pode ter outro tipo de políticas centradas nas necesidades sociais e feitas desde a participación.

Relación total de obras aprobadas no remanente 2018:

Remodelación das rúas de Lugo e Rosalía de Castro….................................................. 244.093€
Ampliación do centro social de Corrubedo….................................................................... 129.910€
Beirarrúas e sumidoiros na Capela de Carreira…............................................................ 39.914€
Instalación de saneamento no cruzamento do Vilar…................................................... 36.060€
Acondicionamento do río Listres…........................................................................................ 29.800€
Execución dunha ponte sobre o río Listres…..................................................................... 195.000€
Renovación do pavimento na rúa Curros Enríquez e trasversais…........................... 163.813€
Pavimentación e renovación de servizos rúa Insuabela…............................................. 174.648€
Pavimentación da estrada de Fafián…................................................................................... 46.637€
Pavimentación do camiño Castro Vilar….............................................................................  31.275€
Pavimentación da rúa Irmandiños…....................................................................................... 27.903€
Pavimentación camiños nos Areeiros…................................................................................. 26.023€
Instalación de saneamento na Carballa…............................................................................. 82.025€
Sumidoiros de pluviais e pavimentación do porto de Palmeira…................................ 80.981€
Saneamento no lugar de Sirves….............................................................................................. 77.725€
Instalación de sumidoiros para augas pluviais en Arribas…........................................... 64.554€
Instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo en Carballal…................  55.894€
Instalación de rede de sumidoiros para augas pluviais na rúa Sidreiras …............... 26.730€
Renovación de servizos nun tramo da rúa Alcalde Fdez Bermudez…........................ 84.645€
Aglomerado rúa dos Remedios…............................................................................................... 25.911€
Aglomerado do camiño en Bretal…........................................................................................... 8.275€
Aglomerado de camiños en Oleiros…....................................................................................... 43.895€
Aglomerado de camiño na Graña…............................................................................................ 7.464€
Sistema de ventilación no ximnasio e piscina do polideportivo da Fieiteira…........... 18.065€
Conexión entre rúa Carqueixa e rúa das Escaleiras…......................................................... 22.302€

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *