O BNG pregunta polas podas agresivas nas árbores do municipio

Está sendo común no Concello de Ribeira que cando chegan as épocas de poda das ábores, o goberno local realice estes traballos de maneira habitual. Até aí non teríamos nada que dicir se fosen podas que entran dentro da normalidade, mais vemos como xa son varios anos nos que as árbores son sometidas a podas moi agresivas que impiden que as árbores teñan un tamaño xeitoso ou dean sombra nos días de calor.

Un exemplo destas podas agresivas son as que padeceron árbores da zona da praia de Coroso, do paseo marítimo do Touro, as da praza do concello ou as da praza de Teruel, por citarmos algúns exemplos.

Desde o BNG consideran que as ábores si deben podarse e manterse en bo estado mais entenden que non é positivo realizar podas tan agresivas, agás que sexan completamente imprescindíbeisl para o coidado da árbore ou para evitar problemas de pragas.

Organizacións como as Nacións Unidas apuntan que as árbores urbanas contribúen a mellorar o clima e a biodiversidade facendo das cidades un lugar máis agradábel para vivir. Cómpre ter en conta que unha árbore urbana pode absorber até 150 kilos de C02 e contribúen a reducir a temperatura das rúas no verán.

Por iso e ante esta situación o BNG preguntará ao goberno de Ruiz a que se debe que o goberno local realice podas tan agresivas nas árbores do municipio?

One Comment on “O BNG pregunta polas podas agresivas nas árbores do municipio”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *