O BNG pide reorganizar o tráfico do Monumento e melloras na sinalización viaria

Os nacionalistas presentan a proposta ante a inacción de Ruiz Rivas e apostan polas vías dun só sentido para non eliminar espazos de estacionamento

O proceso de peonalización que se está realizando en Ribeira está a modificar os fluxos e a circulación de vehículos dentro do casco urbano. Os vehículos que antes circulaban polas rúas Rosalía de Castro, Galiza e Cristobal Colón, agora circulan por outras estradas sen maior problema, agás no barrio do Monumento e nas rúas adxacentes.

O barrio do Monumento está caracterizado por ser un barrio con importantes desniveis ao que se lle suma rúas con tráfico nas dúas direccións e zonas habilitadas para o estacionamento. Isto non suporía ningún problema de teren as rúas un ancho suficiente, cousa que non pasa por unha mala planificación. O problema que se está a dar nas rúas que teñen os dous sentidos da circulación, é que os vehículos non poden transitar sen deterse, posto que teñen que deixar pasar a outros vehículos ante a falta de espazo.

Asemade, hai que ter en consideración que na actualidade o barrio do Monumento absorberá unha densidade de tráfico maior, pois será unha das zonas de entrada ou saída do centro urbano. Xa que logo, desde o BNG consideramos que o Concello de Ribeira debería realizar un estudo para reorganizar o tráfico rodado alomenos para as rúas Monumento, Novoa Santos e Romero Ortiz.

Consideramos que o proceso de peonalización non pode provocar contratempos noutras rúas de Ribeirapolo que cremos preciso facer axustes nestas rúas para evitar os problemas circulatorios que se poden rexistrar. Do mesmo xeito, solicitámoslle ao goberno do Concello de Ribeira que realice ese estudo preservando as prazas de estacionamento e que, tamén sempre cando sexa posíbel opte de xeito prioritario polos sentidos únicos de circulación.

Sinalización viaria

O BNG considera que o goberno municipal debería realizar, antes de verán, a instalación de sinais viarios que informen das diferentes alternativas para chegar até o centro urbano e os equipamentos edificios públicos.

Por todos estes motivos, o BNG presentará unha iniciativa plenaria co fin de realizar un estudo para un re-ordenamento do tráfico rodado no barrio do Monumento, rúas adxacentes que se consideren necesarias e tamén un aumento na sinalización das rutas para ir ao centro urbano.

Críticas á mala planificación e grave problema de estacionamento

Por último o BNG quixo amosar o seu malestar ante a falta de planificación e desgoberno do señor Ruiz Rivas. En palabras do concelleiro Luís Pérez Barral: “Ruiz comeza a casa polo tellado” en alusión ao proceso de cambios que está sufrindo Ribeira. Pérez Barral apuntou que antes destas obras deberían terse aplicado medidas como as propostas presentadas polo BNG como un plan de transporte con bonificacións como o RiberBUS proposto polos nacionalistas e ter remunicipalizado o aparcadoiro do Centenario para poñelo con tarifas reducidas e bonificacións a quen mercase no pequeno comercio.

One Comment on “O BNG pide reorganizar o tráfico do Monumento e melloras na sinalización viaria”

  1. Hola bos días, dirixome a vostede para decirlle que na rua Monumento, a altura do número trece, collen tres coches a par sin necesidade de montar a acera. Sempre foi unha rua de salida e entrada en Riveira, Moitos edificios non teñen garaxe, estan habitados por xente maior, con dificultades económicas e pensión baixas. Si se eliminan as zonas de aparcamento para que o trafico sea mais fluído veránse reducidas as nosas actividades da vida diaria. Non é o mesmo aparcar no ceniterio como cerca da casa, non é o mesmo descargar a compra no portal que acarrexala desde …....... No aparcadoiro do cemiterio hay pouca iluminación, ademáis de noite non vemos as cagadas dos cáns. Eu teño mobilidade reducida e no me podo permitir un resbalón na caca dos cáns , vivo sola e o que cobro que son, 322€ non me dán para pagar a quen me axude si me lesiono.
    Si colocan iluminación nos aparcadoiros e unhas camaras para vixiar que a que leva os cán a facer as súas necesidades e non recollen a caca pois fixese, mellor nos iría.
    Direille tamén que é unha vergonza que o Monumento o Corazón de Xesús sea” un retrete canino”, Comprendo que vostedes non sean crentes e darlle igual, coma o que fixeron có día da Patrona (Que fallo, si Riveira non ten Patrona) simplemente é un deber cívico e de hixiene. Unhas cámaras de vixiancia dos Monumentos municipales estaría ben, non só para controlar a circulación polas rúas peatonáis. Outro tema con respeto as ruas peatonais é o acceso o culto relixioso das persoas maiores as cales hay que desprazar en coche.
    Un saudiño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *