Ribeira terá unha praia apta para mascotas

A iniciativa do BNG foi aprobada con 19 votos a favor e 2 abstencións. Tamén se aprobaron as iniciativas do BNG para adecuar o río Listres, mellorar a seguridade viaria e a instalación de marquesiñas.

- O Concello de Ribeira procurará praias para mascotas: a iniciativa do BNG para que Ribeira contase con praias para mascotas tivo un notábel éxito xa que practicamente toda a Corporación votou a favor agás 2 edís non adscritos/as (María José Brión e Asier Casais) que se abstiveron. A iniciativa defendida polo Bloque pretendía habilitar 2 praias unha urbana e outra en Couso, malia que a primeira non se puido conseguir, si se poderá desfrutar coas mascotas da praia a partir de certas horas nas praias urbanas do municipio. O que si se conseguíu foi que o Concello de Ribeira procure unha praia en Couso para habilitala como praia apta para mascotas, sen restricións horarias.

Para o voceiro do BNG Xosé Vázquez Cobas “esta é un primeiro paso para que Ribeira comece a ter en conta as persoas que desexan compartir o seu tempo de lecer coas mascotas”.

Para o BNG é a mellor maneira de que todas as persoas se sintan cómodas, as que teñen animais saberán a que praia poden acudir e as que desexan non estar con animais saberán cales non terán presenza de animais. Cremos que pode haber areais para uso e desfruto con mascotas e outras sen elas, podemos convivir todos sen problema. Esta proposta atende tamén a criterios ambientais de conservación de flora e fauna protexida.

- Adecuación do Río Listres: a iniciativa do BNG sobre este río pretende que o Concello de Ribeira retire as vigas de madeira que delimitan a canle fluvial e que agora se acumulan, por mor dos temporais, na súa desembocadura. Con esta solicitude, o Concello instará a Costas do Estado a que habilite unha solución axeitada para a desembocadura do río, xa que a que se aplicou, non é boa e dá lugar a problemas.

- Iniciativas do BNG para instalar marquesiñas, paradas de autobús e seguridade viaria: a concelleira Elvira Blanco defendeu diversas iniciativas para habilitar unha marquesiña de bus na avenida da Coruña (entre o Día e o Lidl) e sinalar horizontal e verticalmente as paradas na zona posterior ao IES Leliadoura.

Por outra banda, o edil Vázquez Cobas, instou ao Concello de Ribeira a recolocar os contedores que existen na avenida da Coruña, diante do colexio do Caramecheiro porque dificultan a visión para aquelas persoas que saen de garaxes ou do aparcadoiro da praia de Coroso.

Outros asuntos:

- Declarar deserta a licitación de varios postos do mercado municipal. O goberno municipal non é quen de dinamizar o mercado municipal, instalación que a día de hoxe está parcialmente ocupado.
- Ordenanza reguladora das subvencións a entidades sen ánimo de lucro. Aprobouse esta ordenanza para mellorar a información para as entidades que desexen pedir subvencións ao Concello de Ribeira.
- Modificación de vairas ordenanzas para permitir os descontos de ata un 95% nalgúns impostos municipais para empresas que se instalen en Ribeira e xeren emprego.
- Ordenanza Premio Concurso internacional de novela curata cidade centenaria de Ribeira.
- Mellorar a limpeza e o estado da beirarrúa na rúa da Habana e melloras na accesibilidade dalgunhas rúas de Carreira.
- Aprobado mellorar un camiño veciñal no lugar de Cabasás, a roza de gabias e mellora do camiño na rúa da Braña.
- Aprobado instar ás empresas de telefonía para que manteñan en boas condicións as cabinas telefónicas.
- Dotación de bancos novos para diversos lugares do municipio

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *