BNG e comerciantes coinciden en que Rosalía de Castro debe ir nunha única actuación

Comerciantes da rúa Rosalía de Castro e representantes municipais mantiveron unha xuntanza o martes pola tarde co fin de valorar as propostas que están enriba da mesa de peonalización para o arranxo desta rúa.

Desde o goberno municipal trasladouse que a previsión é facer unha actuación que inclúa a ampliación de beirarrúas desde a rúa de Lugo até a rúa Marcial de Adaldid, popularmente coñecida como costa de Correos.

Pola súa parte, o voceiro nacionalista Xosé Vázquez Cobas, informou que a proposta que traslada o BNG é actuar nunha única fase que evite a exclusión da zona alta de Rosalía de Castro do fluxo comercial que se vai xerar na rúa de Galiza e no contorno da praza do concello.

A proposta do BNG é clara; única actuación en toda a rúa para ampliar beirarrúas deixando un carril de circulación, zonas de carga e descarga e aparcadoiros de 15 minutos. Esta idea moi ben acollida polos comerciantes, que tamén se sumaron a facela toda nunha única fase e non por tramos como quere o goberno. Ante isto, o goberno municipal amosou que non a ve con malos ollos e que estudará a proposta nacionalista mais que habería que procurar un encaixe orzamentario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *