Inauguración das salas de lactancia de Ribeira

Audiencia con Carme AdánInauguración das Salas de lactancia en Ribeira

A Secretaria Xeral de Igualdade, Carme Adán, e a Directora Xeral de Comercio, Ana Rúa, inauguraron onte en Ribeira un servizo pioneiro que pon en marcha o Centro Comercial Aberto, Viamare, ao que tamén asistiu a voceira municipal do BNG, Dominga Brión.

A presentación das salas de lactancia realizouse na sede da Asociación de Empresarios de Ribeira e á mesma acudiron o concelleiro do BNG, Xosé Luís Groveiro, e outros membros da Corporación Ribeirense. Tampouco faltaron un importante número de nenos e nenas acompañados das súas nais, que puxeron a nota de cor ao acto.

As xestións do BNG de Ribeira diante da Secretaría Xeral de Igualdade e da Dirección Xeral de Comercio foron decisivas para acadar a financiación necesaria para a posta en marcha deste servizo nun concello que conta con un censo de máis de 1.000 nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Nova na Voz:
Viamare dá o pistoletazo de saída ás salas de lactación de bebés coa participación de tres establecementos

Un comentario en «Inauguración das salas de lactancia de Ribeira»

  1. Jústame o conto. Meu pai disia que cando era pequeno ainda mamaba con sinco anos. Empesou os trese anos a ir o mar e fixoo toda a vida sin queixarse. Ajora os meus sobriños que mamaron do biberon e falan castellano queixanse se non lle carjas o mobil ou non lle compran as convers. E si aproba todo compranlle a moto.
    Eu mamei da teta pero teño un amijo do meu tempo fillo de nai moi moderna que mamou bibron e ajora solo fode con muñeca hinchable. Estou sejuro que as dúas cousas están relasionadas por eso dixen que me justou este conto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.