Galiza Nova restaura o topónimo de Ribeira deturpado polo PP

Integrantes de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, realizaron hoxe unha acción de restauración do topónimo correcto e legal de Ribeira, a súa forma lexítima, escrita con b, tras ser deturpada polo Partido Popular cun gasto público de máis de 3.300 euros.

A mocidade de Ribeira rebélase contra este despilfarro de cartos namentres denuncia que non existen plans de ocio nocturnos ou un plan de transporte público que conecte de xeito eficiente as parroquias. Critican, ademais, que o goberno local prefira tirar os cartos incumprindo a lei cun topónimo deturpado, mentres desoe as necesidades da mocidade ribeirense.

Por todo isto, Galiza Nova emprendeu esta acción na que lle devolven ao topónimo da localidade a legalidade que o Partido Popular vulnera de forma constante.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.