A organización xuvenil do BNG denunciou este mércores un novo ataque LGBTfóbico na comarca, desta vez en Ribeira.
Segundo a responsábel comarcal da organización, Diana Lixó, “as persoas LGBT enfrontámonos a agresións constantes diariamente”. Lixó engadiu que ante esta grave problemática é preciso que sexamos activistas os 365 días do ano, educando ao noso entorno en igualdade e respecto.
As mocidades do BNG consideran necesario promover “unha educación sexual digna nos colexios, que eduque ás nosas crianzas libres de prexuízos moralistas”.