Galiza Nova c@s estafad@s das preferentes

ADIADO ESTE ACTO ATA NOVO AVISO. COMUNICAREMOS O NOVO DÍA E DATA PROXIMAMENTE

Membros de Galiza Nova da comarca da Barbanza, visitarán este venres 25 de xaneiro á xente estafada polas participacións preferentes, pechad@s no Concello de Boiro desde hai case un mes. A organización xuvenil do BNG, amosará o seu apoio e solidariedade con esta xente que padeceu unha estafa bancaria sen que ningún goberno o impedise. Non só houbo desleixo por parte dos gobernos, senón que algúns mesmo empeoraron o problema, xa que os gobernos do Partido Popular lexislaron contra os estafados ao aprobar o Real Decreto Lei 24/2012 onde legaliza as quitas e ao reducir as arbitraxes unha vez gañadas as eleccións galegas.

Con esta actividade preteden, non só darlles ánimos, senón que se informarán de primeira man como se desenvolveu esta problemática e convidan á calquera persoa que queira amosar e/ou coñecer máis sobre este grave problema que se acheguen ao Concello de Boiro ás 15:30h do venres 25 de xaneiro, xa que é cando a xuventude de Galiza Nova entrará.

Por outra parte para amosar o firme apoio e compromiso en calquera cousa na que lles poidan axudar estes mozos e mozas quedarán esa noite alí, como mostra do compromiso con eles/as.
Por último, lembramos que este encontro prodúcese despois dos encontros que houbo con Ana Pontón, deputada no Parlamento galego, Rosana Pérez, deputada no Congreso dos Deputados, Adolfo Muíños alcalde de Rianxo entre outras persoas do BNG.

Un comentario en «Galiza Nova c@s estafad@s das preferentes»

Responder a serea Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.