Fin de curso no auditorio do IV Ciclo Universitario Diploma Senior 2004

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, acompañou o acto xunto ao director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, Dulce García Mella, secretaria xeral da U.S.C., Francisco Javier Fernández, o representante das Promocións de Diplomados/as Senior, Dolores Barral Rivadulla, a madriña da III Promoción de Diplomados/as Senior (Campus de Santiago) e da II de Ribeira, Manuel Andrade Valiño, o padriño da III Promoción de Diplomados/as senior (Campus de Lugo) e Mª Esther Olveira Olveira, Directora do IV Ciclo.

Luís Pérez expresou aos alumnos/as presentes a súa máis sinceira admiración expresando que – a aprendizaxe non ten idade e que a vosa dedicación e esforzo é un exemplo inspirador para todos/as-. O Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela é unha acción educativa regrada en conexión cos programas educativos doutros ciclos que se imparten na USC e ofrece dous títulos propios, o Diploma Sénior e o Diploma Excelsor. O Sénior, que consta de cinco cursos, celebrou este ano por vez primeira o seu acto de diplomatura na capital do Barbanza, onde cursan os seus estudos 50 alumnas e alumnos, e ao que tamén estivo convidado o alumnado de Santiago (285 alumnos e alumnas, o de Lugo (194) e o de Vilagarcía (39).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.