Éxito no Día da Bici en Ribeira con máis de 400 ciclistas

A vila de Ribeira viviu hoxe unha xornada vibrante coa celebración do Día da Bici, organizada pola Concellería de Deportes, en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. O evento reuniu a máis de 400 persoas de todas as idades nun percorrido urbano de aproximadamente 5 km que arrancou ás 11:15 horas.

No evento participaron o alcalde, Luís Pérez Barral e o concelleiro de Deportes, Xabier Vídal, que compartiron a súa satisfacción pola “alta participación e ambiente festivo”, destacando o obxectivo de fomentar unha mobilidade máis limpa, respectuosa co medio ambiente, educativa e segura.

O concelleiro de Deportes mostrouse satisfeito pola participación e tamén “pola cantidade de nenos e nenas de diferentes idades que gozaron do día acompañados polos seus pais”. Vidal quixo resaltar a importancia de fomentar o uso da bicicleta “tanto polo seu ámbito sostible como saudable”