Entrevista a Xosé Antonio Vázquez Cobas, voceiro do BNG Ribeira

Xosé Antonio Vázquez Cobas, concelleiro BNG Ribeira

Pleno Aberto entrevista


Nos últimos anos aínda que Ribeira ten uns investimentos importantes con obras como Mercado Municipal, Lonxa nova, Gardería Municipal, Pavillón e Palmeira, etc paralízanse durante moito tempo por mala xestión política, a vida da xente de Ribeira non mellorou.
O plan Ribeira, Atlántica cunha dotación económica de 7.000.000€, non o están xestionando ben, e isto evidénciase coas paralizacións e os serios atrasos por falta de planificación.


Vázquez Cobas, criticou que o equipo de goberno está máis pendente de gastar os cartos en obras non prioritarias, en publicidade ou propaganda que en axudar á xente que o está pasando mal e á xente desempregada,


No eido laboral, o BNG denuncia que en Ribeira non haxa chan industrial, o PP sobe tódalas taxas municipais un 5% e no último pleno o PP votou contra a proposta do BNG que pedía non subirlle os impostos ás persoas autónomas e que se habiliten axudas á hostalaría, pequeno comercio e a quen xerase emprego estable.


No BNG sempre apostamos por un proxecto de reactivación económica e xustiza social, defendendo os dereitos sociais fronte ás políticas do PP e da Troika. Un Grupo Municipal novo e unha Asemblea onde antigos militantes e xente moza aportan o mellor das súas ideas e do seu traballo, para sermos a alternativa de goberno en Ribeira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.