Deixámosvos aquí unha entrevista feita por Radio Boiro a Raquel Suárez Regades, viceresponsable comarcal do BNG e a Luís Pérez Barral, membro de Galiza Nova e concelleiro do BNG en Ribeira. Ademais son dous representantes da listaxe inicial para a candidatura ao Parlamento Europeo.
Entrevista na Radio
Entre outras cousas falaron da necesidade de cambiar este modelo da Unión Europea, do veto que o BNG ten nos medios públicos (TVE, TVG e Radio Galega), da necesidade de ter máis peso en Europa para decidir sobre asuntos moi relevantes e importantes para o noso País, así como para poder loitar contra a emigración e o desemprego ou potenciar servizos como sanidade, ensino, etc.
Defendeuse a necesidade de reivindicar temas como etiquetaxe dos nosos produtos do mar, a importancia da lingua en Bruxelas, a importancia de participar neste domingo para poñerlle freo á dereita e a estas políticas antisociais e que nos afogan votando ao BNG e á súa candidatura integrada por representantes dos sectores máis agredidos pola crise.
Non perdas esta boa entrevista a Raquel e Luís!