Edificio de detras do Concello de Ribeira

Derrubando o edificio de detras do concello

O BNG de Ribeira quer denunciar publicamente a incapacidade do actual goberno municipal para levar a cabo dun xeito racional a xestión do actual Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Situacións como a que se observa no edificio actualmente en construcción na Praza do Concello esquina coa Rúa 9 de Agosto, demostran, se non o estaba xa, o pouco interese do actual goberno municipal do PP por corrixir, en beneficio dunha mínima estética urbana, situacións anormais para o sentido común como é o caso das alineacións do citado edificio.

Ampararse no actual PXOM –que por certo o goberno xa debera ter corrixido hai 3 anos como estaba obrigado por lei, e que en multitude de ocasións demandamos- é unha forma de encubrir a súa neglixencia e falla de interese en evitar este “adefesio” que se vai plantar no centro de Ribeira. A reducción do ancho da beirarrúa á altura do citado edificio, que rompe coa liña dos demais edificios desa mesma rúa, é un sinsentido que rompe coa lóxica elemental e que non pode atopar amparo nunha lectura groseira da cartografía do actual PXOM. Era, ademais, perfectamente evitábel.

O BNG xa manifestara diante do máximo responsable do goberno municipal o seu desacordo co aliñamento que se prevía para este solar e o noso apoio a unha solución negociada cos propietarios que tería evitado a situación que agora se consagra co beneplácito do Goberno do PP e para escarnio da cidadanía.

Nova no Correo Galego

2 comentarios en «Edificio de detras do Concello de Ribeira»

  1. A verdade é que son moitas as persoas que quedan abraiadas coa construción deste edificio. A alineación que ten no PXOM esta parcela, terá algo que ver con que fora o daquela concelleiro de urbanismo e tenente de alcalde (hoxe portavoz parlamentar do PP) un dos compradores da vella casiña e dos primeiros promotores desta obra?

    E un pouco raro todo o que aconteceu en torno a isto. Onde primeiro á dona non lle deixaron arranxar o tellado, logo o propio concelleiro de urbanismo intenta facer un edificio de apartamentos…

    Cousas veredes amigo Sancho…

  2. Que máis “sorpresas” nos deparará este PXOM?

    A moitas persoas nos sorprende que aí se plante semellante “adefesio”. Non se trata de ser mal pensad@s, pero que un dos compradores desa casa sexa o que era conselleiro de urbanismo cando se fixo o PXOM, e que algo terá que ver coa alineación desa parcela, é un dato obxectivo. Como tamén o é que onde á anterior propietaria, Torres e compañía, non lle deixaron arranxar o tellado, o propio concelleiro de urbanismo intentou facer un edificio de apartamentos… (Agora parece que lle “colgou o morto” a outros).

    Xa veremos que máis “sorpresas” nos depara este PXOM, cando tardan tanto en modificalo por algo será.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.