O tenente de alcalde e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, presentaron hoxe na Casa do Mar de Palmeira o novo programa de información e difusión dos Servizos Sociais Comunitarios no Concello.
Preténdese achegar a información á poboación para que reciban un correcto asesoramento sobre os recursos sociais, así como detectar as necesidades sociais reais para xerar novos recursos. Os soportes terán dípticos informativos e estarán en lugares de interese e maior afluencia.
“A través desta campaña de difusión preténdese garantir e facilitar que toda a poboación dispoña da información necesaria sobre os recursos sociais do Concello, así como detectar as necesidades; para poder prestar axuda e colaboración aos grupos máis vulnerables.” explicou o alcalde Luís Pérez. O rexedor destacou asimesmo os servizos de apoio e educación familiar, vivenda alternativa, o programa de exclusión social, ou o servizo de cooperación e soliedariedade social que o Concello presta en colaboración con outras entidades sociais do Concello; co que se pretende que “prestar unha atención de calidade a toda a veciñanza que precise un respaldo social” .