Día da Dorna, festivo local

Festa da Dorna

O BNG reclama que o concello de Ribeira declare, a partir de 2009 e para sempre, o 24 de Xullo, Día da Dorna, Festivo Local.

A Festa da Dorna é unha festa orixinal e específica do concello de Ribeira que se ven celebrando dende hai 60 anos. Esta festa implica tanto á mocidade como a xente maior ao longo da súa celebración. Son milleiros os e as participantes nela e tamén son miles as persoas que visitan o noso concello durante estas celebracións.

En 2005 a Festa da Dorna foi Declara de Interese Turístico Galego e dende aquela tanto o BNG como a propia Cofradía da Dorna, avalada por miles de firmas, solicitaron que o 24 de xullo fose festivo local.

Esta medida facilitaría a participación e implicación dos e das ribeirenses que traballan este día, co cal contribuiríase a facer a unha festa máis grande e mellor. Como é sabido, os concellos teñen a potestade de fixar 2 festivos locais ao ano.

Iniciativa municipal:
2008-05-30festivolocaldiadorna.pdf

Nova na Voz:
Os nacionalistas propoñen que o día 24 de xullo sexa declarado festivo local en Ribeira

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.