Derradeiro paso para declararmos a Festa da Dorna festividade local. O soño será realidade

Falamos dunha festa que ten tanta tradición e arraigamento na nosa cidade e no noso país que, falarmos da Festa da Dorna en Galiza é falarmos de Ribeira e falarmos de Ribeira é falarmos da Dorna.Festa da Dorna. Elvira Blanco , Xosé Cobas, Luís Pérez Barral. BNG Ribeira.


Declarada de “Interese Turístico Galego” dende o ano 2005, é unha festa orixinal e especifica do Concello de Ribeira. Vense celebrando desde 1948 coa implicación e participación das veciñas e veciños e de moita mocidade. Sendo foco de atracción e participación de miles de visitantes de todo o país. Isto é así, porque hai un movemento social e popular moi insistente que recolle o sentir dunha grande parte da nosa sociedade. É por iso, polo que nos atrevemos a dicir, que esta proposición é a petición dun pobo que xeración tras xeración sabe como facer una grande festa que lle dá identidade a este municipio.


No BNG cremos que deben ser atendidas as reiteradas demandas para que sexa festivo local o 24 de xullo feito que redundaría nunha maior participación (lembren que o Día da Dorna esta cheo de actividades dende as 11 da mañá até a madrugada) e que só reportaría beneficios sociais e económicos ao noso concello.
Festa da Dorna. Elvira Blanco Pérez , Xosé Cobas, Luís Pérez Barral. BNG Ribeira.Por todo isto o BNG quere rematar o proceso iniciado en febreiro onde presentábamos unha proposta sobre as festividades locais, na que se volvía abrir o debate e que durante meses houbo accións moi variadas para apoiar esta demanda popular (vídeos, enquisas, apoios, etc) polo que consideramos que debe pecharse o debate dunha única meneira, declarando o festivo local que esixe a veciñanza ribeirense no pleno de xullo no que se deciden os festivos locais.


Por último, apoiamos a proposta da Confraría da Dorna para que o Concello de Ribeira pendure unha bandeira da Festa da Dorna para visualizar oSede BNG Ribeira. Festa da Dorna apoio da institución local con esta festa. Desde o BNG como feito simbólico de que sempre o fixemos e seguiremos apoiando, promovendo e participando desta festa, xa está pendurada xa a bandeira no noso local e na nosa páxina web.


Ante a exposición anterior, o BNG quere que a Corporación Municipal aprobe o seguinte punto:


1º Que o Concello de Ribeira declare, a partir de 2016 e de xeito permanente, agás cando coincida en domingo, o 24 de xullo, Día da Festa da Dorna, festivo local.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.