Denunciamos un vertido de cascallos de obra en Castiñeiras

En Castiñeiras, no lugar de Os Areeiros, hai un terreo a carón do camiño público que vai dos Areeiros a Carreira, no que se están a verter entullos e cascallos de obra en grandes cantidades, que ameazan con contaminar o regato de Listres.


Vertido cascallos, Os Areeiros, Castiñeiras Ribeira. BNG

Estes entullos foron usados para rechear e achantar unha leira que non se sabe ben se estaba baleira ou é propiedade de alguén.


Varios veciños e veciñas puxéronse en contacto co BNG para denunciar esta situación.


Hai sospeitas de que os entullos proceden dunha obra pública, licitada polo Concello, que se está a facer en Carreira no lugar de Parte ao Río.


Xosé Antón Parada e Luís Pérez Barral en Castiñeiras. Ribeira

Sábese que é recente polas rodeiras do camión que aínda están ben marcadas.


Veciños e veciñas do lugar, xunto membros do BNG, visitaron a zona afectada e ante os problemas medioambientais que isto pode ocasionar, e reclaman que esta situación se arranxe.


Polo tanto o Bloque Nacionalista Galego solicitará do Concello de Ribeira:


1. Que os Departamentos técnicos inspeccionen este problema in situ e investigue con rigor de onde e saen os vertidos.
2. Que se tomen as medidas oportunas tendentes a rematar con este tipo de situacións en conformidade coa lei vixente da total prohibición de verter, amorear ou esparexer todo tipo de residuos de obras tanto públicas como privadas.


Video da rolda de prensa e do lugar: http://ir.gl/59b8df

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.