Demandamos máis control nas obras da autovía

O BNG, por medio da deputada Ana Pontón, presentou unha iniciativa no Parlamento Galego denunciando unha serie de problemáticas que están ocasionando as obras de desdobramento da Vía de Alta Capacidade da Barbanza, e demandando, ao mesmo tempo, unha inspección a fondo do proceso de execución das obras.

Os problemas que estas obras están ocasionando céntranse fundamentalmente en:

 danos nas fontes e traídas de auga que dan subministro a vivendas;

 fendas en casas a consecuencia de voaduras;

 deficiencias nos accesos aos núcleos de poboación.

 pontes de acceso por riba da futura autovía que teñen unha pendente moi elevada;

 incumprimento no referente a melloras pactadas en diferentes puntos, que ao parecer non están sendo executadas por parte da empresa concesionaria das obras…

A Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transporten ten entre as súas funcións a de realizar un control e seguimento da execución das obras. Segundo a nosa información conta cunha asistencia técnica específica para tal cometido.

Dende o BNG consideramos que é preciso realizar un control estrito das obras públicas para que estas se axusten ao proxectos de execución. Máis, se cabe, nunha obra desta envergadura. Tamén somos conscientes de que esta obra é moi importante para a Barbanza e que o seu resultado final debe implicar unha mellora das comunicacións, non só para quen circula pola mesma, senón tamén para todas as poboacións que se ven atravesadas polo seu trazado que deben ver mellorada a súa mobilidade.

Iniciativa Parlamentar:
2007-12-03-obras-autovia.pdf

Nova na Voz:
O BNG pedirá no Parlamento máis control nas obras da autovía

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.