Debate en Telebarbanza

2007-05-16-debate-en-telebarbanz.jpg

Hoxe tivemos o debate en Tele Barbanza. Acudimos tod@s @s candidatos e candidatas agás o do Partido Popular. Unha vez máis foi incapaz de ir a dar contas e expoñer as súas propostas programáticas. Considero que é un acto de covardía e mesmo de desprezo a cidadanía que non se digne asistir a ningún debate. Antes mandaba ao número 2, agora ten que recorrer ao número 14, que non vai a saír concelleiro.

Isto indica, por un lado, que o PP de Ribeira non ten equipo e por outro que o que diga Manolo Rúiz non ten ningunha credibilidade: xa o ten desautorizado no Pleno en multitude de ocasións cando era número 2 e tenente de alcalde, para máis agora que nin sequera vai a estar no grupo municipal do PP.

En todo caso, no pouco tempo do que dispuxen, tratei de expoñer os puntos máis importantes do noso programa, que podemos sintetizar en que:

Crearemos as condicións necesarias para que a xente que queira poda ter unha vivenda e un traballo digno que lle permita vivir aquí. Pero tamén que poida disfrutar dunhas instalacións públicas ben acondicionadas e duns servizos de calidade.

Nova na Voz:

A creación de emprego é o punto forte da campaña ribeirense.

«O benestar dá mocidade ocupa unha gran parte dos nosos proxectos»

5 comentarios en «Debate en Telebarbanza»

  1. Domi, escoitei a maior parte do debate, e estou con vos en que mandar ao número 14 da lista é... vergoñento.
    A túa actuación, fora do contido amplo de temas, baixo a miña opina, deixástete levar polo entusiasmo e, tantas cousas e tan rápidas …
    Eu penso que as cousas boas si breves dúas veces boas.
    Os temas son tan amplos que merecen unha paradiña para poder dixerilas.
    Énfasis, repouso e …. contido.
    Saúdos e sorte

  2. Ola Pacual:

    Antes de nada, agradecerche a túa participación e a túa opinión. Sinceramente, que o candidato do PP non teña a valentía suficiente para ir a un debate a dar conta do traballo feito indica que non ten a conciencia tranquila, do contrario, iría orgulloso a dar conta a súa labor de 20 anos ao fronte do Concello de Ribeira (16 como alcalde de 4 como tenente de alcalde). Se estivera tan ilusionado como di, iria tamén a expoñer o seu proxecto para os vindeiros 4 anos. O problema é que non ten proxecto. O único que teñen é un folleto onde ensinan varias obras virtuais que se comprometeron a facer hai xa moitos anos e que seguen sen facer. Levan, ademais, unha relación de propostas, das cales, as máis importantes xa as tiñan no seu programa do 2003 e mesmo anteriores.

    Ademais, se ten que ir o número 14, que clase de equipo ten o PP de Ribeira? Quen nos vai a gobernar?

    Por outro lado, Manolo Ruíz a que anda? Foise por “falta de tempo”... agora volve como se nada pasara, ... cando faltaba a verdade, antes ou agora? En fin!

    Con respecto ao debate, a cal te refires? Estivemos na Radio, en Tele Barbanza e en Tele Salnés. Como dis “escoitei”, penso que te debes referir ao da radio. E tes razón que fun algo rápido porque son tantas as cousas que se poden facer e que non se fan que quería que a audiencia lle quedara unha perspectiva global do noso programa. Ao ser o primeiro debate, a quen lle quedaran dúbidas, sempre podería achegarse a algún dos nosos mitins para clarexalas. Por certo, creo que hoxe volven a emitir pola noite o de Tele Barbanza.

    En fin, Pascual, temos un bo programa, temos un bo equipo, vamos a gobernar contando coa xente, e iso a cidadanía ten que sabelo porque é moi necesario lograr entre todos e todas o cambio de políticas que Ribeira necesita.

    Moito ánimo que este é o momento!
    Saúdos

  3. Ainda foi aguantando bastante ben a Campaña, pois gustaríame saber que sería do sr. Torres se lle chega a dar unha “indisposición” a sir Ruiz, entonces ¿a quen mandaría Torres no seu lugar? ¿o Sr. Luciano?, ¿o sr. Sieira?
    Con perdón do parecido pos artistas, a min estes feitos recordanme a un teatro de marionetas.

    Estoume imaxinando o comentario previo…
    J.L.-

    Oes, e que non sei, e que está Domin e … vaime arrear por norte e por sur, ti non poderías..?

    M.-

    Tranquilo jefe que pa eso estou eu, que teño unha labia…

    Pero a estas alturas xa lle estará a decir ¿pa que me mandarías no teu lugar? ahora levamolas os dous, eu por ir e ti por non vir.

    Vin os debates todos e de momento 3 a 0 a favor teu, Domin, e non e opinión solo miña, se non que e de moita mais xente.

    En canto as dúbidas que poidan ter os cidadans, eu atreveríame a decirche que seguramente se lle foran todas se van ou escoitan algúns dos mitins que fai o pp, por que non aguantarían ata o final por aburrimento. Por certo, non sería capaz de decirche en cal, pero escoitei nun mitin do pp, radiado por suposto, como Ruiz fixo un comentario de non sei que e quedaron todos calados como se non se enteraran de nada e él pideu os aplausos pa romper o silencio. !Ahí queda eso!

    E do Outro, ¿que ques que che diga?, pideu reforzos por segunda vez, pero desta tirou ben forte do chicote ou os de arriba viron a cousa moi “chunga” pa mandar o 7º da cabalería.

    Sobre os debates, escoitei na Discolócate que o venres as 2,30 emiten o do sábado nun programa que se chama “a xente de ribeira quer saber”, o algo así.

    Espero non ofender a ningén co meu comentario, e tamen pido desculpas por non saber escribir ese galego tan bonito, pero xa bastantes faltas fago así.

    Domin, xa non che deseo mais sorte porque a que vos mandei o outro día foi tanta que xa non vos fai falta mais, pois este ano arrasades, que para eso o traballastes antes.

    Ha! e ide poñendo fechas pos compromisos de despois das eleccións.

    Seguide con mesmo ánimo que ata ahora,
    saudos.

  4. Quen lle dera a moitos que van por ahí presumindo de “escritores” que tiveran a metade do inxenio que tes tí, Jaime.
    A verdade é que me partin de risa. E aseguroche que a esta hora e despois dun longo día de choio non é nada facil.
    Graciñas mil.
    Saúdos.

Responder a Dalles caña Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.